logo

986 41 45 29

cpr.labor@edu.xunta.es

Avda. Camelias 53

36211 Vigo

08:00 - 18:00

Lunes - Viernes

Plan Dixital do Centro, cara unha dixitalización intelixente

Unha dixitalización intelixente do Centro

O uso xeneralizado das tecnoloxías da información e da comunicación en múltiples aspectos da vida diaria acelerou profundos cambios na comprensión da realidade e na forma de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democrática, entre outras.

Este cambio de enfoque require unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, como este impacto é diferente para mulleres e homes, e unha reflexión ética sobre a relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente, que se desenvolverá tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital do profesorado.

En consecuencia, o noso centro considera necesario dar resposta a esta realidade social e incluír un enfoque máis moderno e integral da competencia dixital, de acordo coas recomendacións europeas en materia de competencias clave para a formación permanente.

Debemos ter en conta o cambio dixital que se está a producir nas nosas sociedades e que incide necesariamente na actividade educativa. Por iso, o desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que tanto profesorado como alumnado poidan funcionar nos novos escenarios, para que o alumnado poida desenvolver as habilidades e competencias do século XXI, e o profesorado poida mellorar e modernizar os procesos de ensino-aprendizaxe. É por iso que todas as accións educativas que se leven a cabo no centro precisan garantir tres piares básicos que conforman un trinomio indivisible: a pedagoxía, a tecnoloxía e os espazos inspiradores, onde cada elemento só ten sentido pola súa conxunción co resto.

Por outra banda, a fenda dixital (dificultade de acceso aos dispositivos e conectividade) puxo de manifesto as desigualdades e a vulnerabilidade socioeducativa do alumnado e das familias. En consecuencia, conseguir o acceso a dispositivos e a conectividade para todos debe ser un dos obxectivos prioritarios nos centros como o Colexio Labor, para garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade, e para promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas. O plan dixital do centro inclúe entre as súas actuacións, estratexias para compensar as desigualdades e reducir a fenda dixital, facilitando a educación dixital nos diferentes escenarios (docencia presencial e docencia non presencial).

Por último, o uso das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado esixe unha formación adecuada en materia de cidadanía dixital para facer un bo uso e gozar delas, garantindo, por unha banda, un desenvolvemento pleno, seguro, saudable e responsable, e por outra, a protección de datos persoais e dereitos dixitais propios e alleos. Estes aspectos fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado é tamén outro obxectivo do plan dixital do centro.

¿Como se elaborou Plan Dixital do Colexio Labor?

O Plan Dixital do Centro formúlase a partir da análise da situación do centro e por un período determinado (preferentemente o curso, no marco dun plan plurianual). Os obxectivos deben ser: específicos e concretos, medibles , alcanzables e realistas. A análise de situación realizouse polo Equipo de Dinamización do PD a través do SELFIE, ferramenta gratuíta deseñada para axudar aos centros a integrar as tecnoloxías dixitais no ensino, aprendizaxe e avaliación. O informe do centro SELFIE recolle as opinións do equipo directivo, do profesorado e do alumnado e os compara. A información recollida en SELFIE proporciona ao centro unha instantánea de onde está actualmente en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Os resultados de SELFIE foron a base para identificar e analizar os puntos fortes e débiles e elaborar un plan escolar sobre o uso de tecnoloxías dixitais para apoiar a aprendizaxe. O informe organizouse a través das seguintes áreas: Liderado, Colaboración e redes, Infraestruturas e equipamentos Desenvolvemento Profesional Continuo, Pedagoxía: Apoios e recursos, Pedagoxía: Implantación na aula, Prácticas de avaliación, Competencias dixitais do alumnado.

Unha vez analizados os resultados e tras a realización do DAFO o Equipo de Dinamización do PD elaborou no pasado curso o plan de acción que definiu no Plan Dixital 2022-23 que establece as seguintes actuacións que xa se están implantando desde o comezo do actual curso: 

  1. Renovación da rede de conexión a Internet en todo o centro. 
  2. Dotar as aulas de pantallas dixitais interactivos.
  3. Implantar unha plataforma (sistema) dixital de seguimento e información académico do alumnado.
  4. Crear e aplicar un plan anual de formación do profesorado en tecnoloxías dixitais aplicadas á docencia.

No primeiro trimestre do actual curso xa se comezou coa reforma de toda a rede de conexión a internet, quedando completada a dos edificios de Primaria e Secretaría. Ademais, instaláronse dez novas pantallas dixitais táctiles en oito aulas do centro. A crecente utilización da plataforma G-suite coa ferramenta de Google Classroom é outro dos obxectivos do plan dixital, entendéndoa como unha ferramenta deseñada para apoiar a profesores e alumnos na realización das súas clases de forma online. Finalmente, cumprindo así con outro dos obxectivos do plan dixital, o profesorado do Centro vén realizando, dentro do plan de formación do profesorado, diversas accións formativas dirixidas á aplicación das novas tecnoloxías dixitais na aula.

En definitiva, o  Plan Dixital de Centro permite enriquecer os procesos de ensino e aprendizaxe na aula grazas á aplicación de recursos e métodos complementarios aos tradicionais, mellorando a aprendizaxe, facilitando o acceso á información, preparando aos estudantes para o mundo dixital, aumentando a eficiencia e fomentando a innovación.

É ademais de gran axuda para poder mellorar os sistemas de avaliación facéndoos máis áxiles e precisos, e facilita a mellor relación entre toda a comunidade educativa a través de ferramentas dixitais, como G-suite ou tokapp_school, que permitan unha comunicación máis fluída. 

Coidado coa “sobredixitalización” dos alumnos

Explicada a importancia e a necesidade do plan dixital no colexio como ferramenta para traballar a competencia dixital dos estudantes e mellorar o proceso de ensinanza e aprendizaxe, non podemos esquecer a ameaza da sobredixitalización nas aulas.

O uso excesivo da tecnoloxía no proceso educativo pode ter efectos negativos na aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado. Hai problemas asociados á sobredixitalización como distraccións, a tecnoloxía pode distraer aos estudantes do seu traballo e facer que perdan o foco na aula; dependencia, con demasiados recursos dixitais o alumnado pode perder a capacidade de aprender e pensar de forma crítica e creativa; desigualdades, non todas as familias teñen acceso á tecnoloxía; falta de interacción, pode afectar negativamente á socialización e ás habilidades interpersoais.

É importante que os centros atopemos un equilibrio entre o uso da tecnoloxía e a aprendizaxe tradicional. Por iso, un obxectivo do plan dixital do Colexio Labor é traballar a dixitalización a través da integración de actividades prácticas: en proxectos (como Radiolabor, Concurso de Curtametraxes), nas materias (por exemplo: Robótica, Proxecto Competencial, Iniciación Actividade Económica e Empresarial ou TIC), en traballos (PBL na ESO), na lectura (Liteca, plataforma dixital de lectura no 3.º ciclo de primaria) e o fomento do debate e a colaboración na aula (aprendizaxe cooperativo). 

Comments are closed.