Misión
Prestar un servicio educativo de calidade que satisfaga ós alumnos, familias e ó entorno social e laboral potenciando a formación integral do alumno que o capacite para adaptarse a unha sociedade cambiante.
Visión
O Colexio Labor debe ser un referente académico e profesional dentro do sector educativo da nosa cidade, ofrecer unha completa oferta educativa en todos os niveis e desenrolar unha importante labor social. O criterio de “mellora continua” debe estar presente nas decisións do Equipo Directivo cara a alcanzar un modelo de xestión excelente que permita a consecución dos obxectivos fixados pola Dirección e o Claustro de Profesores, sempre nun entorno de convivencia óptima entre tódolos membros da Comunidade Escolar. A organización escolar será en todo momento coherente cos valores nos que imos educar e rexirase en consecuencia polas normas establecidas dentro do noso sistema de valores.
Valores
A organización escolar será en todo momento coherente cos valores nos que imos educar e rexirase en consecuencia polas normas establecidas dentro do noso sistema de valores:
- A organización escolar será funcional e estará ó servicio das persoas na súa individualidade, da súa realidade e das súas necesidades profundas.
- A nosa organización e participación rexirase en todo momento polo valor nuclear da fraternidade que nos permita vivir cun espírito aberto, dialogante, flexible e alleo a toda forma de violencia.
- Atendendo especialmente á INTEGRACIÓN dos alumnos en situación desfavorable, afectados dalgunha minusvalía ou con necesidades educativas especiais.
- A organización e participación do noso centro facilitará o crecemento na responsabilidade persoal, o senso do deber, a toma de conciencia acerca das inxustizas sociais e o compromiso a prol dunha sociedade máis xusta e fraterna.
- Os primeiros responsables de nosos alumnos e alumnas son seus pais ou titores, sendo o colexio colaborador nesta tarefa. Por tanto, a acción do Centro tenderá á máxima colaboración entre Familia e Colexio para acada-la debida coherencia entre os fins educativos de ambos.
- Entendémo-la educación centrada na persoa segundo a concepción occidental do home e da vida, pretendendo formala en liberdade responsable.
- Nosa acción educativa tende ó coñecemento individualizado de nosos alumnos e alumnas, ó respecto e a aceptalos tal como son para desenrolar ó máximo súas capacidades.
- Pretendémo-lo pleno desenrolo da personalidade de cada alumno e alumna atendendo os aspectos educativos. Estes fins concéntranse en:
- A adquisición de coñecementos e competencias básicas: procurando o máximo desenrolo da capacidade de cada alumno e alumna e súa aplicación ós casos concretos da vida diaria.
- El desenrolo das aptitudes sensoriais e motoras: a través de actividades deportivas que fomenten o espírito de cooperación, a superación persoal e a creatividade.
- La formación no sentido da responsabilidade e o esforzo xunto con el desenrolo das virtudes humanas e o sentido moral para educa-la vontade.
- A educación para a convivencia e os valores sociais, inculcando, sen esixencias no opinable, actuar con liberdade nas tarefas encamiñadas ó ben común. A adquisición de hábitos de respecto á liberdade dos demais, de convivencia, de cooperación e de solidariedade.
- Respecto ó medio ambiente no ámbito de nosa Comunidade, valorándoo como elemento determinante da calidade de vida das persoas e así contribuír activamente e na medida de nosas posibilidades á defensa, conservación e mellora do entorno.
- Pautas de puntualidade, orden, limpeza e coidado persoal, así como coidado do material do Centro, do propio e o dos seus compañeiros e compañeiras, delicadeza na fala e no trato, tal como se recolle na normativa do Réxime Interior del Centro.
- Os alumnos e alumnas participarán activamente na vida do Colexio, en tarefas tales como representantes no Consello Escolar, delegados de curso, encargados de clase, así como na organización de determinadas actividades escolares e extraescolares.
- Potenciación da participación de pais, profesores e alumnos na actividade do Centro.
- Habitua-lo alumnado no uso de normas e pautas de comportamento que o capaciten para a participación activa na vida social.