logo

986 41 45 29

cpr.labor@edu.xunta.es

Avda. Camelias 53

36211 Vigo

08:00 - 18:00

Lunes - Viernes

The child has one intuitive aim: self development

O colexio estrea escola de música e artes en colaboración co CCMUS

MÚSICA

No Centro Creativo Musical actuamos de forma diferente aos conservatorios oficiais, pois apostamos por un sistema innovador utilizado en Centro e Norte de Europa (Finlandia, Holanda…) que nos diferencia. Nun mesmo día de clase impartimos instrumento, linguaxe musical e música de conxunto. Isto permite maximizar o tempo asistindo un único día a clase, obtendo mellores resultados cas as escolas oficiais de música e a aprendizaxe realízase de forma natural e divertida.

No CCMUS preparamos os alumnos para obter certificados de validez internacional, como é o da Royal School Music. Así mesmo, tamén os preparamos para as probas de ingreso dos Conservatorios Oficiais de Música. Con este tipo de certificados os seus estudos serán aceptados en calquera país, elemento moi importante para a formación e a cualificación profesional.

No Centro Creativo Musical impartimos todos os estilos de música fundamentais: Clásico, Jazz,  e Folk. Mención especial merece a nosa escola Rock! Que lanzamos este ano e que apunta ser todo un boom… Saca a Rock&Roll Star que levas dentro! Con clases de Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Canto, Batería, Teclados e a dirección artística e musical de grupos.

Ademais das aulas de instrumento, no CCMUS impartimos unha actividade especial para bebés, a Estimulación Sonora Temperá; unha actividade que consiste na realización de exercicios auditivos dirixidos a captar a atención do bebé, para desenvolver a súa psicomotricidade e capacidade auditiva. Estes exercicios axudan tamén a aumentar o sentido da música no bebé, elemento que será de grande axuda cando comece a tocar un instrumento. A Estimulación Sonora Temperá está recomendada para bebés de 0 a tres anos.

DANZA

Respecto á Danza Clásica (Ballet) ou Contemporánea, actuamos do mesmo xeito e tamén preparamos os alumnos para os exames da  Royal School of Dancing, xa que continúa coa mesma filosofía de alcanzar certificados de carácter internacional.

Ademais da danza, a escola ofrece tamén clases de Hip Hop, para os máis atrevidos a mover o esqueleto disfrutando da música máis actual e divertida. As danzas urbanas son tendencia, e é unha forma moi saudable de facer deporte, onde peques e maiores se divirten creando coreografías.

ARTES

Fotografía

As clases de Fotografía están dirixidas a afeccionados, tanto adultos coma nenos, sen coñecementos ou con coñecementos básicos. O obxectivo principal do curso é que o alumno poida expresarse mediante a captura de imaxes empregando unha cámara dixital réflex e a posterior edición nun ordenador. Os alumnos coñecerán tamén a historia da fotografía, os autores e os seus diferentes xéneros, conseguindo así desenvolver o seu propio percorrido expresivo.

As clases de Fotografía para nenos teñen moito éxito e os nenos superan expectativas, creando imaxes incribles e manexándose coma case calquera fotógrafo profesional.

Akademus: Escola de Artistas

Akademus é unha actividade que vén cargada de imaxinación e creatividade, mesturando as artes e o teatro. En Akademus construímos unha máquina do tempo onde os nenos viaxan por todas as épocas e civilizacións da humanidade, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.
Mesturando o xogo coas Artes Plásticas, a Literatura, a Música e o Teatro descubrimos como se desenvolveron as diferentes culturas, os seus costumes, a linguaxe e a escritura. Unha vez situados no contexto histórico, experimentamos cos seus procesos creativos, as súas técnicas artísticas para comprender de primeira man a evolución da Historia da Arte.

FILOSOFÍA DO CCMUS

Pero máis alá dos certificados e as cualificacións, o importante é que os alumnos se divirtan creando, xogando, tocando. O fundamental é a creatividade e que esa creatividade se transmita. É por iso que somos unha escola de artes. Somos artísticos e queremos que os alumnos se empapen da nosa filosofía facendo que todas as actividades sexan de carácter transversal. Todos os nosos alumnos saberán de primeira man como funcionan as demais disciplinas artísticas e así poden ter criterio propio para decidir e continuar creando…

NO CENTRO CREATIVO MUSICAL – CCMUS:

  • Temos a matrícula aberta todo o ano.
  • Podes escoller o instrumento que queiras.
  • Non hai límite de prazas.
  • Clases personalizadas.
  • Iniciación ós instrumentos dende os catro anos.
  • Todas as actividades son para nenos e adultos.
  • A organización das clases e compatible co horario do alumnado.

COLEXIO LABOR – CCMUS

Desde o Centro Creativo Musical queremos destacar a boa dispoñibilidade do Colexio Labor para realizar esta colaboración que ben seguro chegará a ter repercusións moi positivas, principalmente para o alumnado, que poderá acceder, desta maneira, a unha escola de música e artes integrada no propio colexio e na súa contorna.

Información e Matrícula

Información e matrículas

Secretaría do Colexio Labor
Avda. Camelias 54, Vigo

Folla de preinscripción e solicitude de información

CCMUS

Tel. 644 737 480 / 622 165 647
Web www.centrocreativomusical.com
Comments are closed.